quinta-feira, setembro 06, 2007

Poema

A guitarra portuguesa A guitarra portuguesa é muller de riso franco. Un chorro de viño verde baixa da botella ao vaso. A guitarra portuguesa é unha muller que canta: no seu ventre de corcheas o neno dálle patadas. A guitarra portuguesa é unha muller que berra dende o Largo do Chiado: "Socorro, lúa e estrelas". A guitarra portuguesa É unha muller que chora: Baixo o vermello e o verde traen ao seu fillo de Angola. A guitarra portuguesa , é unha muller que se laia cunha calada tristura quer de canto, quer de bágoas. FRANCISCO JAVIER REIJA MELCHOR in “Xistral”. Revista lucense de creación poética Nº 9. 2006.

Sem comentários: